David Pérez falará do seu premiado libro «Todo o tempo do mundo»

O acto terá lugar o sábado no local dos comuneiros de Nebra


Sábado • Local da comunidade de montes de Nebra (Porto do Son) • 19.00 horas • A asociación cultural Sonora é a entidade organizadora da presentación literaria que o sábado terá lugar no seu local. Alí desembarcará David Pérez Iglesias, actual director do instituto de Porto do Son, que falará do seu libro Todo o tempo do mundo, que resultou galardoado co Premio Merlín de Literatura Infantil.

A historia narra a experiencia vital e Ariadna, que ve como o seu mundo e os seus referentes se esborrallan. No acto estarán, arroupando ao autor, José Ángel Vila e María de Jude.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

David Pérez falará do seu premiado libro «Todo o tempo do mundo»