Barbantia segue unindo á bisbarra en beneficio e fomento da cultura propia

Javier Romero Doniz
JAVIER ROMERO RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

Un público variado e representativo da redonda apoiou á asociación no seu gran acto

04 dic 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

As expectativas que sempre esperta un dos actos centrais da axenda anual de Barbantia, como é a entrega dos seus premios anuais, os Sereos, estivo á altura do que se esperaba. O público foi numeroso e representativo de boa parte dos estamentos sociais, culturais, docentes e políticos da redonda, facendo gala, xa no prólogo da cerimonia, que as siglas ou bandos quedaban fóra da casa de cultura de Porto do Son para que cada un dos presentes confraternizara co próximo baixo o paraugas da incansable actividade deste colectivo que traballa para seguir profundando na cultura propia da bisbarra.

A resposta, e interese, do respectable tamén estivo á altura da organización e dos seus protagonistas. Para empezar, o salón de actos acadou unha máis que boa entrada. Xa no apartado de intervencións, e sobre todo cando falaron os representantes de Barbantia que estaban na mesa presidencial, subliñouse a outra motivación que tiña o acto de onte, que non era outro que a presentación do Anuario de Estudos do Barbanza que edita esta asociación cultural. A mestra Pilar Sampedro foi a primeira en falar, e fíxoo demostrando un amplo coñecemento de causa dos artigos que forman a publicación, que xa cumpre doce anos. «Xa é difícil poñer en marcha un proxecto, canto máis complicado é darlle continuidade», confesou a mestra con orgullo pola súa vinculación histórica coa asociación.

Despedida

Xesús Laíño, sempre nun segundo plano, aproveitou a súa intervención para resumo doutros artigos incluídos no Anuario de Estudos do Barbanza, mencionando un escrito pola mesma Pilar Sampedro, ou outro elaborado polo limiao Antón Riveiro Coello, presente no acto, no que fai un percorrido de Isorna a Fruíme desempoando textos firmados por escritores da súa ruta literaria. Laíño aproveitou a elevada presenza de público para despedirse como presidente de Barbantia, anunciando que o seu derradeiro acto coincidirá coa presentación da último libro do noiés Pedro García Vidal, tamén presente entre o público.

Dos políticos que falaron -Goretti Sanmartín, Ovidio Queiruga e Luis Oujo- destaca que seguiran a mesma liña argumental, pondo en valor o traballo de Barbantia e, por suposto, dos premiados. Todos coincidiron en que a asociación leva máis dunha década xerando contidos que sorprenden, aportan e, sobre todo, que axudan a ter una visión conxunta de cada un dos concellos do Barbanza e a súa área de influencia. Para os premiados só houbo felicitacións, a cadaquén no seu eido, pero demostrando cada uno dos políticos que falou coñecer polo miúdo os méritos feitos para que onte se levara cada uno de elles un Sereo para a súa casa.

Trátase do ensaísta e colaborador de La Voz de Barbanza Maxi Olariaga, no eido da traxectoria cultural no Barbanza; o Museo do Mar de Noia, na iniciativa cultural no Barbanza; e o polifacético ribeirense Quico Cadaval, no ámbito da cultura galega. Outro polifacético persoeiro, neste caso de Noia, foi Serafín Marcos, que fixo de presentador e non precisou máis que a súa naturalidade e o coñecemento que ten dos galardoados para facer da mellor forma posible o seu papel. Mención aparte merece o trío de música -piano, saxo e voz- que chegou a melodía unha gala que soubo a pouco e non fixo máis que agrandar a figura dos Sereos.