A lectora: Marina Losada Vicente

La Voz

BARBANZA

25 nov 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

1. O seu mellor momento para a lectura. Na última hora da praia; despois da cea no exterior da ventá.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Evito as bágoas; en galego; crible; e que a letra sexa cómoda de ler.

3. Que lle achega a lectura? Lévame a onde non estou, que xa é bastante.

4. Os seus libros favoritos. Aqueles que atopan a liberdade persoal.

5. Un xénero literario. A novela de suspense.

6. Un personaxe e un espazo literario. Pat Conrey do libro, O príncipe das mareas; unha pedra entre a praia de Tanxil e Tronco en Rianxo.

7. Que está a ler agora? Hamlet, como parte dun obradoiro de dramaturxia.

8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Marina Mayoral; Rosa Régas.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Escribir; andar no silencio dos camiños, soa ou acompañada.

10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. A praia pequena de Sartaxes, que desaparece na marea chea.