Rianxo divulga os contos de Rafael Dieste

M.X.B.

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

Pepe Sendón e Sabela Galbán levarán a escena os relatos de «Os arquivos do trasno»

19 oct 2016 . Actualizado a las 14:45 h.

A partir de hoxe e ata o 15 de decembro, os rianxeiros terán ocasión de coñecer a fondo Os arquivos do trasno, un libro de contos escrito por Rafael Dieste. O actor de Carnota Pepe Sendón e a música local Sabela Galbán serán os encargado de poñer en escena os oito relatos que integran este volume. Esta actividade, que se presenta como Liñas paralelas, mestura interpretación e música. Da primeira parte encargarase Sendón, un escritor e actor que foi un dos fundadores do grupo Chévere. A nota musical chegará a esta montaxe da man de Sabela Galbán, que empregará unha frauta e un acordeón.