O congreso de Cans aporta luz sobre o papel das mulleres nas revoltas rurais e urbanas

Javier Romero Doniz
JAVIER ROMERO RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

MARCOS CREO< / span>

A primeira xornada congregou en Porto do Son a un nutrido público nas tres primeiras conferencias

15 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A muller galega foi una das grandes protagonistas na primeira xornada do congreso que comezou onte en Porto do Son e que ten por obxectivo analizar os avances históricos sobre movementos sociais e formas de protesta coincidindo co centenario da revolva vivida en Nebra en 1916. Herminia Pernas, mestra de historia en secundaria, aportou bastante luz sobre a evolución que tivo a muller nas revoltas, vividas tanto no rural como nas cidades, durante os séculos XIX e XX.

Pernas mostrouse crítica co pouco, ou ningún, protagonismo que tiveron as mulleres nos libros durante o período histórico citado e concluíu que, grazas ás reivindicacións dos últimos 70 anos, esa tendencia empezou a mudar, pero sen lograr os niveis de implantación desexados: «Nun principio, as aparicións das mulleres en revoltas foron espontáneas, e non sería ata o século pasado cando empezaron a formar parte de sindicatos organizados. Os casos máis soados víronse nas fábricas de tabaco da Coruña ou nas conserveiras de Vigo».

A criminalidade

A tamén mestra de secundaria Raquel Iglesias focalizou o súa intervención no rol das mulleres nun contexto de criminalidade nos séculos XVIII e XIX. Cando daquela eran elas as que interpoñían unha demanda, na maioría dos casos, os destinatarios eran homes que lles prometeran casar e cos que xa tiveran relacións sexuais, habendo en moitas ocasións un fillo de por medio. O problema era que os denunciados non cumprían a promesa de pasar polo altar. Outros casos de demandas eran por inxurias ou faltas contra o honor.

Nos casos nos que as mulleres se sentaban no banco dos acusados, cabe destacar os xuízos por pertenza a bandas de bandoleiros. É necesario explicar que o seu papel non era participar nos asaltos, pero si vender o botín. Xosé Ramón Veiga, profesor da USC, expuxo propostas didácticas sobre a historia política do século XIX.