Galiza Nova elixe Ribeira para celebrar as súas xornadas anuais da mocidade

La Voz

BARBANZA

. cedida

Está prevista a participación de máis de medio cento de persoas

07 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Sábado e domingo • Casa da Xuventude de Ribeira • 11.00 horas • Son xa máis de medio cento os mozos que confirmaron a súa presenza nas xornadas da mocidade de Galiza Nova que este fin de semana se van desenvolver en Ribeira. Trátase da edición número 27 dunha actividade que pretende reunir a persoas de toda Galicia para que gocen dun programa de convivencia, formación e tamén tempo de lecer.

Para mañá están previstas as intervencións de Olalla Rodil, que falará do poder da palabra; Xavier Campos, que ilustrará aos presentes sobre creatividade; Bieito Lobeira, cuxa charla versará sobre organización; e Lucía Veciño, que pechará cun relatorio sobre a forza das mulleres. Os mozos farán un roteiro pola Curota e acudirán a unha cea homenaxe a Manuel María, que contará coa presenza de Carlos Callón.

O domingo, os asistentes asistirán a unha mesa redonda de representantes de diversos movementos sociais e a un debate relacionado coa situación da mocidade galega. Unha visita ao parque natural de Corrubedo servirá de colofón das xornadas.