1. O seu mellor momento para a lectura. Calquera! Esperando na cola do súper ou nun semáforo, na sobremesa, nunha paraxe natural
2. Criterios que segue para a escolla dun libro. A portada, unha páxina lida ao chou, un autor que xa lin e me gustou, recomendacións ou as redes sociais, título sedutor... Ou que conteña cartas!
3. Que lle achega a lectura? Pura felicidade.
4. Os seus libros favoritos. Non teño libros favoritos, só os que estou lendo neste momento.
5. Un xénero literario. A poesía.
6. Un personaxe e un espazo literario. Emily (A rose for Emily, de Faulkner). O mundo posapocalíptico e desacougante de The road.
7. Que está a ler agora? Sempre leo varios libros a un tempo que coloco en diferentes lugares. Agora mesmo: Adagio en outono, Morgana en Esmelle e Out of this century.
8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Manuel Rivas e Fernando Pessoa.
9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? A escritura, a cociña, a horta, correr, facer fotos, bailar, os amigos, tocar o saxo e viaxar.
10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. O faro de Corrubedo ou as illas de Rúa e Sálvora.