Sardiñada con sabor familiar

S. Gómez

BARBANZA

Moncho do Chinto e a súa familia organizan o xantar na capela do Loreto

08 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Moncho Rodríguez Fajardo, coñecido por todos os veciños de Porto do Son como Moncho do Chinto, comezou a colaborar na sardiñada popular do Loreto hai xa medio século. Fíxoo de forma interrompida, pois o seu traballo navegando polos mares non lle permitía acudir todos os anos. Hai dúas décadas botou ao lombo o peso da organización, mudando a festa case nunha tradición familiar. Os seus fillos e fillas, irmáns e netas botan un man para despachar os 1.000 quilos de sardiñas que cociñan cada ano enriba dunha morea de brasas. A día de hoxe son poucos os que poden recordar unha romaría sen a familia Chinto.

Volverán mañá a primeira hora, arredor das oito, para comezar a facer o lume e deixar as mesas listas. O obxectivo que os move é que ningún veciño quede sen a súa ración. «Es un día especial para él y para todos, aunque si no fuera porque estamos toda la familia acompañándolo no la haría», asegura unha das súas fillas, María, que leva dende moza despachando dende a barra que colocan na capela do Loreto.

A última en sumarse á tradición creada por Moncho do Chinto foi a súa neta Leticia, que ten agora 18 anos. «Es la tercera generación que está implicada en la sardiñada, es una fecha que tenemos marcada en el calendario. Nos gusta a todos, aunque nos obliga a acostarnos pronto el día del Carmen», afirma entre risas María, que confesa que, a pesar de todo, este esforzo sempre merece a pena.

Marco incomparable

O Loreto é o punto neurálxico dunha festa que atrae a veciños de todos os puntos da comarca. «El lugar es incomparable. Es precioso, nos encanta», recoñece María, que comenta que, unha vez que rematan de repartir as racións, eles tamén se sentan debaixo dunha árbore para que toda a familia poida comer xunta.

«Cada año dice que es el último, aunque cuando llegan los miembros de la comisión de fiestas por casa nunca dice que no», asegura a súa filla María. Marga é outra das encargadas da festa. A semana antes da festa móvese por todo Porto do Son para que non falte de nada. Pan de millo, patacas, todo é necesario para que a sardiñada non defraude.

Mañá todos os veciños de Porto do Son teñen unha cita obrigatoria no Loreto. Os grupos de gaitas Rumbía e a banda de Caamaño recorrerán os terreos da capela coa súa música. Mentres as familias colocan os seus manteis na herba, a de Moncho do Chinto estará traballando asando sardiñas, cortando pan, repartindo cada peixe no seu prato. Entre todos, comensais e cociñeiros, a tradición seguirá viva un ano máis.

Todos os membros da familia traballan para despachar os mil quilos de sardiña de cada edición FOTo m. creo

L4

Festas do Carmen de Porto do Son

xoves 7 de setembro do 2016 ESPECIAL LA VOZ DE GALICIA