Recordos da súa vida e obra nunha emotiva homenaxe a Borobó

Paula Riveiro / A.?G. RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

Marcos Creo

Familiares e amigos lembraron ao mestre de xornalistas nun acto en Boiro

21 ago 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Raimundo García Domínguez, Borobó, estaba estreitamente vinculado a Boiro e por iso na localidade quixo tributárselle unha sentida homenaxe. O venres, para conmemorar o centenario do seu nacemento, no municipio que o designou fillo adoptivo levouse a cabo un acto na súa honra. Organizado polas asociacións culturais Borobó e Barbantia lembrouse a traxectoria do mestre de xornalistas, dunha persoa que se converteu nunha figura fundamental da cultura galega.

Naceu en Pontecesures, pero o seu cariño polo municipio boirense fixo que se retirase na aldea de Trevonzos para «ver Rianxo», como sinala en Anacos de amor a Rianxo. Estes aspectos, así como outros relativos a súa traxectoria foron lembrados nun acto co que se lle quixo render tributo.

Estudo da súa obra

A profesora Ana Acuña foi a primeira en intervir. Emocionada, fixo memoria dos años nos que Borobó foi o seu mestre e no seu discurso non faltaron palabras de admiración, así como a lectura de fragmentos do seu teatro. «Precisamos un estudo da obra de Borobó», recalcou Acuña.