Cincuenta poetas reivindicaron coa lectura dos seus versos a poesía nun encontro en Outes

A iniciativa gaña cada ano asistencia e nesta edición, a terceira, incluíu outras actividades paralelas


noia / la vozOUTES / CORRESPONSAL

Outes segue sendo terra de poetas. Vasta dicir que onte, nesta localidade da ría de Muros-Noia, xuntáronse cincuenta poetas chegados das catro provincias galegas para participar nun encontro autonómico organizado pola Asociación Terra de Outes, que xestionou unha xornada na que, ademais da poesía, houbo numerosas actividades paralelas. Unha das persoas que formaron parte da organización, Manuel L. Rodríguez, recoñeceu onte a satisfacción que supón xestionar este evento pola gran resposta que atoparon en forma de participación e, sobre todo, da calidade dos versos que se recitaron, xa de tarde, na Horta do Muíño.

A mañá comezou cun recibimento na casa de cultura da localidade, que serviu, ademais, para que os artistas se coñeceran entre eles. Ás 11.30 horas, e tendo como referencia o poeta máis grande deu Outes, Francisco Añón, completouse un roteiro baseado na traxectoria de Añón, e que levou a esta gran comitiva a coñecer de primeira man os enclaves que foron cruciais na vida deste intelectual ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 1966.

O xantar que tivo lugar na Horta do Muíño tamén estivo cargado de bo ambiente e amenizado con música. Pola tarde, e á sombra, levouse a cabo o esperado recital poético, onde os participantes deron boa conta de que a poesía en Galicia segue tendo tirón na sociedade, tanto para léela como para escribila.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Cincuenta poetas reivindicaron coa lectura dos seus versos a poesía nun encontro en Outes