Martín Veiga volta á casa con «Diario de Crosses Green»

Ribeira / La Voz

BARBANZA

O volume supón a volta do autor ao xénero poético

06 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá • Casa de cultura de Noia • 20.30 horas • Recén chegado de Cork, onde traballa na universidade como profesor de Estudos Hispánicos, o escritor noiés Martín Veiga participará mañá nun acto para falar do seu último libro, Diario de Crosses Green, un poemario que veu a luz no marco da colección Tambo de Faktoría K de Libros, un selo editorial de Kalandraka. O volume supón a volta do autor ao xénero poético, un regreso que se produce unha década despois da publicación do seu primeiro poemario.

 

No acto de presentación da obra, que terá lugar na casa de cultura da localidade, Martín Veiga estará arroupado pola xornalista Ana Romaní, polo escritor David Pérez Iglesias e polo director da colección Tambo, Luís Rei Núñez. Entre os libros que ten publicados o noiés atópase un completo estudo sobre a obra de Antón Avilés de Taramancos.