A literatura reina en Santa Uxía

La Voz

BARBANZA

. m. creo

Seis librerías instalaron os seus postos de venda na praza do Concello

25 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe e mañá • Praza do Concello de Ribeira • De 12.00 a 14.00 e de 18.30 a 22.30 horas • Os libros, os mellores expoñentes da arte da palabra, están estes días máis que nunca ao alcance dos ribeirenses. Desde o xoves, a Praza do Concello está tomada por seis librarías (Ler, Aenea, Arigató, Cartabón, Pedereira e Planeta) que amosan e venden os obxectos que mellor saben gardar as verbas. Hai mesmo un recuncho infantil desde o que se tenta espertar a curiosidade dos máis pequenos polo intrépido mundo da lectura.

Aqueles que aínda non se achegaron ao corazón da cidade ribeirense están a tempo de facelo. Por diante quedan dúas xornadas máis de Feira do Libro. Poden facer coincidir a súa visita cunha das actividades programadas para completar o mercado literario.

Este mediodía, a autora Andrea Barreira Freije vaise pasar pola feira para impartir un obradoiro de escritura creativa. A actividade está dirixida aos mozos a partir dos 13 anos. Ás 18.00 horas haberá unha actividade de animación á lectura que se completará coa presentación de ebookdicoruna, unha plataforma posta en marcha pola Deputación da Coruña que facilitar o préstamo das principais novidades editoriais en formato dixital e de forma gratuíta.

Un escritor local, José Vicente Domínguez, pechará a xornada ás 20.00 horas falando de dúas obras: Haití Chèire e The last celts.