Manuel Gago presenta con Barbantia «O anxo negro»

La Voz

BARBANZA

A cita mensual da asociación cultural adiántase a este venres

14 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Venres • Club Náutico de Ribeira • 20.30 horas • A cita mensual de Barbantia adiántase e terá lugar este venres. A entidade convidou para a ocasión ao xornalista Manuel Gago, que falará de O anxo negro, unha trepidante novela que arranca cando, a principios dos anos 80, Nicolás Bren, capitán retirado da Mariña Mercante, recibe un estraño encargo por parte dos veciños dunha parroquia da Costa da Morte: recuperar a figura roubada de Santa Mariña.

O autor estará acompañado por Manuel Bragado, director de Xerais; Xesús Laíño, presidente de Barbantia; e José Luis Torres Colomer, responsable do club náutico. Tamén se presentará o número 116 do suplemento A Voz de Barbantia.