O BNG critica a ausencia de Galicia no Congreso

Carlos Callón denunciou en Boiro a falla de propostas vinculadas coa comarca 

la voz

«Barbanza desapareceu do diario de sesións do Congreso, non hai iniciativas, non se fala da nosa comarca». Con estas palabras criticaba onte en Boiro Carlos Callón, o cabeza de lista de BNG-NÓS pola Coruña, a falta de actividade dos deputados da provincia. «Dado que non fixeron traballo algún, terán que explicarnos que musicais foron ver a Madrid ou, mellor, cando teñen pensado devolver o seu salario», engadía o nacionalista.

Carlos Callón facía estas declaracións despois de manter un encontro cun grupo de emigrantes retornados afectados polos requirimentos de Facenda, cos que se solidarizaba: «Se en lugar de ser en Galicia, o problema fóra en Móstoles, xa estaría solucionado».

O candidato de BNG-NÓS ás eleccións xerais incidía así na ausencia de representantes políticos que fagan que os problemas de Galicia cheguen a Madrid: «O BNG vai presentar propostas nas que se traten cuestións que lle afectan aos galegos e que defendan polo tanto os nosos intereses».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O BNG critica a ausencia de Galicia no Congreso