O raposo no galiñeiro


A enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas sinala que La Voz de Galicia é un xornal de referencia en información xeral, sendo o único que racha co monopolio das cidades capitalina e condal, e iso é unha moi boa nova, xa que son os medios de comunicación social os que garanten a democracia e a liberdade, independentemente da liña editorial que teñan, sempre e cando a súa información sexa veraz. Se non fose así nunca se podería fabricar este comentario.

Nunha das súas catequeses, o Papa Francisco dixo que Deus perdoa sempre, nós, os homes, perdoamos algunhas veces, pero que a natureza non perdoa nunca se a maltratamos. Pois ben, por esa maxia do xornalismo sabemos que hai unha negociación agochada pola que os EE.UU. queren envelenarnos con algunhas das súas perversas prácticas agrícolas. Para quen estea preocupado por este tema alimentario que teclee no buscador de Google a palabra Monsanto.

Hai uns días publicouse que a señora esposa do ex ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente Miguel Arias Cañete estaba metida nun escuro asunto fiscal, pero iso é o menos relevante deste personaxe. O preocupante é que en España xa se están cultivando, ¡legalmente!, unha morea de hectáreas de transxénicos, mentres que na U.E., o mellor de boquilla, son rexeitados. ¿Onde localizar as 4,28 hectáreas de millo MON810 sementadas en Galicia?.

Pero o máis paradoxal é que, cos antecedentes que conflúen en don Miguel (ben o sabemos os perxudicados pola Lei de Costas), fose nomeado Comisario europeo de Acción polo Clima e a Enerxía. Algo así como meter o raposo no galiñeiro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O raposo no galiñeiro