Margarita Ledo fala do seu traballo sobre Manuel María

La Voz

BARBANZA

23 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe???Tenda Reizentolo (Ribeira)???20.00 horas?? A cineasta e académica Margarita Ledo Andión estará esta tarde na cidade ribeirense para falar do seu traballo Manuel María eu son fala e terra desta miña terra. Trátase dun documental que a autora creou no ano 2005, coincidindo co primeiro cabodano do poeta e que ven de reeditarse con motivo da proximidade do Día das Letras Galegas, dedicado nesta ocasión a dito escritor. A obra está formada por un libro-deuvedé que condensa en medio cento de páxinas e 27 minutos de gravación os diferentes perfís do polifacético creador.

O acto, no que intervirá Olaia Ledo, completarase coa inauguración da exposición cinematográfica Nós 15/40.