Alameda, 50Revista

ROMÁN ARÉN

BARBANZA

18 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Cincuenta números da revista Alameda da Sociedade Liceo de Noia -en realidade 51, co número cero- e quince anos axudando a divulgar a historia, a arte, a literatura e todo aquilo que a península do Barbanza posúe como ben cultural.

Moitos colaboradores para unha iniciativa que inspira o xa falecido Xosé Agrelo Hermo e na que cumpren un papel fundamental Pedro García Vidal, Cándido Prego, Xerardo Agrafoxo, Alfonso Costa, Eva Veiga, Pastor Rodríguez, Xoán Mariño Reino, Domingo Campos e moitos outros que se foron engadindo á nómina desta revista.

Constancia do Liceo de Noia por soster Alameda en tempos facareños para a cultura galega.

Neste número cincuenta, Xerardo Agrafoxo viaxa por Cuba, Armando Requeixo recupera un poema de Fabeiro Gómez, Pedro García Vidal analiza os monumentos de Noia a través da literatura, Pastor Rodríguez lembra o poeta Jesús Caamaño, Xosé Ricardo Losada fainos pensar, observamos o estudo do pintor Veiras Manteiga, Eva Veiga emociona coa súa poesía, Campos fai historia da educación noiesa...

Artigos sobre deporte, sanidade, recensións de libros, completan este número conmemorativo da revista Alameda.

Parabéns aos colaboradores e ao Liceo de Noia.

Desculpas aos que non citei por falta de caracteres.

Alameda

Sociedade Liceo de Noia, número 50 (Noia, 2015)