O Concello noiés dota con 3.000 euros o Antón Avilés

La Voz

BARBANZA

03 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A falla de máis de dous meses para a celebración do Día das Letras Galegas, en Barbanza empezan a coller forma iniciativas para a súa conmemoración. Unhas delas é o certame literario Antón Avilés de Taramancos, que chega á súa décimo quinta edición. Nas bases do concurso figura que os textos deben estar escritos en galego e a temática será libre, sempre e cando as obras estean encadradas no estilo de relatos de aventuras. O gañador farase cun premio en metálico de 3.000 euros, ademais dunha escultura de Alfonso Costa. Os interesados en participar teñen ata o 8 de abril para facer chegar os seus traballos á casa consistorial de Noia. O xurado emitirá o fallo o 13 de maio. Na pasada edición, o certame quedou deserto.