«Celebramos con orgullo que chegamos ao número 50»

BARBANZA

Prego é o coordinador da revista «Alameda»
Prego é o coordinador da revista «Alameda» .< / span> m. creo< / span>

18 dic 2015 . Actualizado a las 05:10 h.

Hoxe?- Liceo de Noia?-?20.30 horas?? Esta tarde preséntase no Liceo de Noia un novo número, o 50, da revista Alameda. Esta publicación viu a luz por vez primeira no 2000, dan man dun equipo coordinado por Cándido Prego, que segue asumindo dita responsabilidade a día de hoxe.

-¿Por que decidiu o Liceo sacar á luz esta publicación?

-Esta revista foi unha teima do entón presidente José Moas. El tiña moito interese en publicar e levaba tempo dándolle voltas ao tema ata que un día, en marzo do 2000, apareceu cun grupo de persoas que podían poñer en marcha a revista. Alí estaban Pepe Agrelo, Aurora Marco e Pedro García Vidal. En maio dese mesmo ano presentouse o número cero, coincidindo co Día das Letras Galegas.

-¿Que pasou en «Alameda» ao longo destes 15 anos?

-Pois houbo revistas monográficas, como as dedicadas a Antón Avilés de Taramancos e a María Mariño. Houbo un número en homenaxe a Prudencio Romo, que tamén fora colaborador, e outro en lembranza de Pepe Agrelo. O ano pasado publicouse unha reivindicando o Día das Letras Galegas para Manuel Fabeiro, pero non se conseguiu.

-¿Que ofrece o número 50?

-Pois, para empezar, leva a portada e a contraportada deseñadas por Soledad Penalta e Alfonso Costa, que é outro dos puntais da revista. No seu interior facemos un percorrido pola historia da publicación. Celebramos con orgullo que chegamos ao número 50 e que levamos 15 anos publicando a revista do Liceo.

-¿Quen participou na elaboración deste número?

-Os habituais, que son os valedores da revistas: García Vidal, Xerardo Agrafoxo e Pastor Rodríguez. Logo hai colaboracións do máis diverso. É unha revista plural. Este número ten de particular que sae en cor, algo que non é habitual.

-O obxectivo é seguir eternamente, claro...

-Si, longa vida á revista do Liceo. Desexamos que a súa luz nos ilumine nos seguintes anos, pero non é doado atopar colaboradores. Si teño que dicir que, coa que hai, estou plenamente satisfeito, porque todos se toman a revista con moito interese.

-¿Pero hai algunha dificultade para sacar á luz a revista?

-Agora mesmo, non, pero hai que manter esas gañas e ese espírito de colaboración de cara ao futuro. Neste eido, si que teño que mencionar de novo a García Vidal e a Agrafoxo, que viven esta revista como se fose propia.