Ribeira será o escenario da busca do tesouro

La Voz

BARBANZA

21 jun 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A capital barbanzana converterase, o próximo sábado 27, nun gran taboleiro de xogos. Ribeira é a seguinte parada dos actos previos ao gran Encontro de Embarcacións Tradicionais de Cabo de Cruz, e os rapaces serán os grandes protagonistas dunha xornada onde o mar e o recordo das vellas costumes serán o epicentro.

Durante a mañá, na praza Pablo Neruda, colocaranse cinco jaimas onde os nenos poderán desvelar os enigmas do mar. Aprenderán a facer redes e rematarán distinguido as diferenzas entre os diferentes aparellos.

Prato forte

A actividade estrela será unha busca do tesouro por toda a cidade. A partir das diferentes pistas, os rapaces visitarán enclaves mariñeiros como a praza do peixe, o porto ou a lonxa da localidade. Os monitores encargaranse de explicarlles a transcendencia de cada sitio, uníndoo co seu nexo mariñeiro.