«Queremos algo máis que farolas e asfaltados para o noso concello»

BARBANZA

Franco mantén o equipo do 2011.
Franco mantén o equipo do 2011. C.?Q.< / span>

A candidata nacionalista mantén a o equipo que presentou no 2011

14 may 2015 . Actualizado a las 05:05 h.

Ánxela Franco (Porto do Son, 1962) afronta o seu cuarto asalto á alcaldía sonense. A militancia local acordou que sexa ela e o seu equipo máis próximo nos últimos anos os que defendan as siglas do BNG, que neste municipio mantívose unido e non caeu en divisións internas que derivasen en candidaturas alternativas.

-Leva catro anos facendo oposición ao PP, e antes ao PSOE, ¿cal é a diferenza entre uns e outros?

-A chulería coa que goberna o PP é única, tanto en Porto do Son como noutros concellos da redonda. É xente que non escoita as propostas, pero non só do Bloque. Todo ten que ser cando e como eles queren. No caso de Luis Oujo isto foi moi evidente, sobre todo cando perdeu a maioría absoluta e tivo que mostrar unha cara moi diferente.

-¿Que aporta de novo no seu programa electoral?

-Queremos fomentar o agro e o monte, pero con formación previa, para desenvolver proxectos de biodiversidade. Isto faríase de forma conxunta cos comuneiros.

-E para o mar, ¿non aportan nada novo?

-Queremos facer un polígono de bateas contando coas confrarías. Trátase de algo novo que presentaremos en campaña.

-¿Que botou en falta estes catro anos?

-Que non se escoitara ás parroquias. Queremos algo máis que farolas e asfaltados para o noso concello. Ademais, as becas para o deporte non poden ser esmolas.

Un libro: A man dos paíños

Unha película: Ágora

Un espazo: Calquera de Porto do Son

Un político: Alfredo Suárez Canal

Unha cidade: Calquera que teña casco histórico, incluídas as vilas

Unha comida: Tortilla de patacas

Un deporte: Bailar

Un personaxe histórico: María Pita

Unha canción: As catro e dez

Un desexo: Dignidade para todos