Patrimonio confirma a relevancia da enorme mámoa atopada en Burés

Acometerá unha intervención de urxencia para garantir a preservación do xacemento

Sete pedras conforman o monumento megalítico<span lang= es-es >. </span>
Sete pedras conforman o monumento megalítico.

Os veciños de Burés sabían desde antigo da existencia da Cova dos Mouros, pero non foi ata o pasado mes de marzo, cando uns afeccionados á arqueoloxía do lugar deron a voz de alarma, cando Patrimonio se interesou polo que había detrás daquel furado rodeado de laxes e cuberto por maleza. Despois de visitar a zona e realizar as medicións oportunas, persoal do organismo dependente da Consellería de Cultura confirmou o que xa adiantaban os que sacaron á luz o achado: a mámoa de Burés é un xacemento de gran relevancia.

As dimensións do túmulo e o estado de conservación das pedras que fican no lugar -falta, como ocorre con tantos outros xacementos da comarca, a tapa superior- son os argumentos aos que os técnicos de Patrimonio se agarran para salientar a importancia desta mámoa e, polo tanto, a necesidade de preservala. Así lle foi confirmado ao alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, nunha reunión na que se falou dos pasos que se van dar.

Aínda que desde o organismo autonómico non quixeron facer comparacións con outros elementos similares existentes en Barbanza, o rexedor si que dixo que esta mámoa é, sen lugar a dúbidas, a máis importante do municipio rianxeiro: «Non ten nada que ver coas localizadas nos Campiños».

Xa que, desde que a existencia deste gran túmulo foi publicitada, foron moitas as persoas que se achegaron ao lugar, a Consellería de Cultura ten previsto acometer a moi curto prazo unha sinxela intervención: «Os técnicos notaron un pequeno movemento en algunha das pedras, polo que queren asegurar a estrutura e tratar tamén de garantir a súa preservación», explicou Muíños.

Nin que dicir ten que este xacemento será incluído no catálogo da Xunta e tamén no inventario do Concello de Rianxo. A Administración local encargarase de realizar limpezas de xeito periódico na zona, para que poida ser visitada polos veciños. O rexedor explicou que todas estas medidas se están a tomar coa complicidade dos propietarios da finca na que se atopa a mámoa.

Intervención nos 70

Aínda que recoñeceron que este túmulo non estaba catalogado, os técnicos de Patrimonio informaron ao alcalde de Rianxo que neste organismo xa se sabía da súa existencia desde hai tempo. Comentáronlle que xa se fixera unha pequena prospección nos anos 70, capitaneada por Fernando Acuña Castroviejo.

Semella que, a partir de agora, Xunta e Concello rianxeiro irán da man para, polo menos de momento, actuar para evitar que este importante xacemento sufra danos irreparables.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos

Patrimonio confirma a relevancia da enorme mámoa atopada en Burés