Neste volume figura unha pequena biografía de cada un dos protagonistas, así como unha fotografía e un elemento do seu traballo que eles quixeron mandar. Os músicos remitiron anacos de partituras, pintores e escultores fotos dos seus traballos e os escritores, fragmentos dos seus textos.
Ademais de conversar cos creadores que asistiron ao centro, os estudantes de primeiro e segundo de ESO tiveron a oportunidade de coñecer a obra de Nuco Losada visitando o museo que ten no barrio de Rianxiño, moi preto do instituto. Agora os mozos están máis próximos á actividade de calquera destes rianxeiros.