«Hai que apartar sempre da función pública aos corruptos»

La Voz

BARBANZA

13 dic 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

- ¿Cales son as súas inquedanzas, preocupacións e ideais?

- ¿Hai algún obxectivo que non dera cumprido?

-Levo anos intentando dar solución aos problemas derivados do subministro de auga e ao tratamento das verteduras. Estamos a piques de rematar o saneamento integral e as conducións de auga potable. Propuxen unha solución para humanizar a avenida de A Serra e non podo aventurarme a dicir que esta obra estará feita antes do vindeiro verán. Tamén tentamos axudar a empresas ás que a crise deixou malparadas.

- Falando de cuestións políticas, ¿que pensa da lacra da corrupción?

- ¿É partidario de impulsar novas normas de goberno e de eliminar concellos?

O alcalde de Outes non só fala de éxitos, nin pensa que xa está todo feito, pois nese caso sinala que o seu labor acabaría, iría para a casa e deixaría o camiño libre para que outros con máis ideas e ilusión o sucederan.

-A miña maior preocupación é a constatación de que aínda hai moitas familias necesitadas. Carencias que van dende a falla de emprego á atención á terceira idade, e nalgúns casos á marxinación. Nunca nos sentiremos satisfeitos sabendo que aínda hai veciños que non poden acadar cotas de benestar, e por iso, ademais de interesarnos por resolver temas comúns, tamén nos preocupan as cuestións persoais e procuramos atendelas.

-Non hai que perseguir a corrupción, senón evitala e apartar sempre da función pública aos corruptos. Deben aumentarse os medios de vixilancia e control.

-A proposta de que goberne o partido máis votado ten vantaxes, pero non creo que sexa o momento de variar agora esa norma, que en xeral vén funcionando ben. Polo que atinxe á fusión de concellos, coido que é positiva nas áreas metropolitanas. No mundo rural é unha medida complexa, pouco aceptada socialmente e de difícil implantación. No que si creo é en mancomunar servizos, iso é moi rendible e satisfactorio.