Lousame e Porto do Son demandan un novo obradoiro de emprego

Veciños de ambos concellos reciben formación nunha iniciativa conxunta


Noia / La Voz

Os concellos de Porto do Son e de Lousame están a desenvolver un obradoiro de emprego de forma conxunta do que se benefician uns vinte veciños. A iniciativa está resultando moi positiva e, ademais, os alcaldes de ambos municipios consideran que este tipo de propostas son beneficiosas para loitar contra o desemprego. Por esta razón, xa lle trasladaron á Xunta a súa demanda de contar, o vindeiro ano, cunha nova edición.

A rexedora de Lousame, Teresa Villaverde, e o mandatario sonense, Luis Oujo, aproveitaron a visita que a delegada territorial do Goberno autonómico realizou aos alumnos do obradoiro de emprego para transmitirlle a súa intención se solicitar unha nova iniciativa deste tipo no 2015. Villaverde subliñou que estas actividades formativas son «unha oportunidade para os alumnos», mentres que o seu homólogo de Porto do Son dixo que se trata de obradoiros «moi interesantes para reducir o desemprego».

Pola súa banda, a delegada territorial, Belén do Campo, explicou que Traballo inviste neste taller conxunto 177.600 euros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Lousame e Porto do Son demandan un novo obradoiro de emprego