Os alcaldes asistiron a unha reunión sobre o plan de mellora de camiños

Ribeira / la voz

BARBANZA

Os rexedores recibiron información detallada sobre o Plan Marco.
Os rexedores recibiron información detallada sobre o Plan Marco.

14 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Alcaldes de toda a comarca asistiron, xunto con outros rexedores da provincia, a unha reunión coa delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, e o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, na que recibiron información sobre a tramitación das axudas incluídas no Plan Marco, un programa de mellora de camiños de titularidade municipal que se levará a cabo entre este ano e o próximo.

Trátase dun acordo que foi asinado a pasada semana entre o presidente da Deputación, Diego Calvo, e a conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana.

Segundo este convenio, destinaranse aos concellos da provincia coruñesa máis de oito millóns de euros para a ampliación, mellora e mantemento das vías. Trátase dunhas actuacións consideradas prioritarias.