Dous actos homenaxearán aos mártires de Nebra no seu 98 cabodano

M. G. Noia / La Voz

BARBANZA

09 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

O 12 de outubro ten un significado especial para os veciños de Porto do Son porque nesa data tivo lugar un dos acontecementos máis graves que recordan na zona. En Nebra, na ponte de Cans, cinco labregos morreron por disparos da Garda Civil por rebelarse contra o pago dun tributo. Corría o ano 1916, e para conmemorar o 98 cabodano dos coñecidos como mártires de Cans haberá dous actos de homenaxe.

O primeiro, promovido polos veciños, será pola mañá. Ás 11.30 horas celébrase unha misa na igrexa parroquial de Nebra en memoria dos cinco labregos falecidos naquel fatídico 12 de outono. Logo, na mesma ponte de Cans na que foron abatidos, onde hai unha placa na súa lembranza, farase unha ofrenda floral.

Pola tarde, ás 18.00 horas, será o BNG o que renda a súa homenaxe aos mártires de Nebra ao pé do seu monólito. Nesta ocasión, sumarase ao acto Francisco Calo Lourido, catedrático de Xeografía e Historia, antropólogo e arqueólogo nacido en Porto do Son.