O Club Náutico de Ribeira dispón de novo dun acceso rodado

ribeira / la voz < / span>

BARBANZA

MARCOS CREO

26 jun 2014 . Actualizado a las 16:30 h.

O inicio da construción da lonxa de Ribeira supuxo a desaparición do acceso rodado que tiña o Club Náutico de Ribeira. Este problema, sufriuse durante dous anos e onte quedou zanxado coa inauguración dun vial. Ao acto asistiron o presidente da entidade, José Antonio Ventoso, e o rexedor, Manuel Ruiz. Ventoso agradeceu de xeito especial a xestión do Concello para que fose posible a recuperación do vial. Pola súa banda, o mandatario recoñeceu que as instalacións careceron dun acceso digno. Tamén se izaron as bandeiras azuis e Ventoso recalcou que o ribeirense é o único náutico da provincia coa certificación de sostenibilidade ambiental.