Xerardo Vidal e Tito Pérez gañaron o certame de relatos do Liceo noiés

M.X.B.

BARBANZA

08 may 2014 . Actualizado a las 16:07 h.

«Velmet», de Xerardo Vidal, e «No principio estaba cego», asinado por Tito Pérez, foron os traballos que resultaron gañadores do certame de relato curto promovido polo Liceo noiés na súa décima edición. O xurado, formado por Xerardo Agrafoxo, Pedro García Vidal e Antón Riveiro Coello, decidiu que o galardón fose compartido entre estes dous autores despois de examinar o medio cento de obras que concorreron ao concurso. Trátase de textos chegados de diferentes puntos de España, fundamentalmente do territorio galego, pero tamén de Madrid, Asturias, Mallorca e Canarias. A entrega do galardón terá lugar o vindeiro día 17, no marco dun sinxelo acto co que a entidade noiesa se sumará á conmemoración do Día das Letras Galegas.