Barbantia dá a saída ao ano Díaz Castro

Ramón Ares Noal
M. Ares RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

Armando Requeixo fixo unha didáctica intervención sobre o poeta acompañado por diapositivas<span lang= es-es >. </span>
Armando Requeixo fixo unha didáctica intervención sobre o poeta acompañado por diapositivas. m. creo< / span>

No acto celebrado en Noia presentouse un libro dedicado ao autor de Guitiriz

30 mar 2014 . Actualizado a las 08:00 h.

O Día das Letras Galegas semella lonxe, cando faltan menos de dous meses para a súa celebración. Debe ser por iso que a moitos non lles chama a atención a presentación dun libro titulado Xosé María Díaz Castro. Vida e obra, cando é a figura do poeta de Guitiriz á que está dedicada a xornada instaurada hai 50 anos pola Real Academia Galega. Como se está a ver nos últimos tempos, a personalidade que ten a honra de ser distinguida con este recoñecemento xa non só resoa o 17 de maio, senón un ano enteiro.

A Asociación Cultural Barbantia tivo a honra de dar a saída ao ano dedicado á obra e á memoria de Xosé María Díaz Castro organizando en Noia o acto mensual ao que, dende hai case dez anos, ten acostumados ós barbanceses. E fíxoo convidando a presentar a citada obra ó seu autor, Armando Requeixo, un estudoso e investigador do poeta, tanto que a súa tese de doutoramento estivo centrada na poesía en galego da figura central das Letras neste 2014.

Foi o presidente de Barbantia, Xesús Laíño, quen fixo a presentación lembrando, primeiro, que o mesmo venres publicábase o número 93 do suplemento cultural Barbantia, para a continuación subliñar que sega a celebrarse o Día das Letras Galegas e a importancia de que se manteña. A continuación fixo un repaso pola traxectoria creativa de Requeixo.

O autor de Xosé María Díaz Castro. Vida e obra tomou a palabra para dar paso a unha didáctica intervención sobre o poeta que tivo catro puntos na súa xeografía vital: Guitiriz, onde naceu e finou; Mondoñedo, onde estudou no seminario ata chegar a terceiro de Teoloxía; Vilagarcía, onde exerceu de profesor de idiomas e relixión no colexio León XIII; e Madrid, onde desenvolveu a súa profesión de tradutor dende comezos de 1948 ata o 1983, cando se xubila e regresa á súa terra.

Contou Requeixo que Díaz Castro tivo a fortuna de pertencer a unha familia labrega pero acomodada. Seu pai era, ao mesmo tempo, escribano do Concello, e tivo sorte porque no seu fogar entraban xornais, aos que estaba suscripto o pai, e contaban cunha biblioteca, o que lle permitiu achegarse ás letras.