Concorrido encontro de poetas en Noia

A. Gerpe ribeira / la voz< / span>

BARBANZA

marcos creo

19 ago 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Un total de 27 poetas participaron, o sábado pola noite en Noia, no encontro promovido pola editorial Acha Escrava. Acompañando aos autores no recitado dos seus versos estivo José Estévez, que tamén ofreceu un concerto ao rematar o acto. A iniciativa suscitou un gran interese e o salón da casa consistorial quedouse pequeno para acoller ás numerosas persoas que quixeron asistir ao recital.

O responsable de Acha Escrava, Manuel L. Rodrigues, destacou especialmente a elevada afluencia de público: «Foi unha moi grata sorpresa». De feito, non descartou levar a cabo no futuro actos similares.

Cada un dos poetas dispuxo de tres minutos para recitar un ou dous versos.

Animado debate

A parte final do encontro foi un animado debate no que se expuxeron moitos puntos de vista sobre a creación poética.

Desde xeito, falouse da necesidade de que as editoriais pequenas aposten polos escritores que están empezando, dado que as grandes non o fan. Tamén se fixo mención á capacidade de difusión das obras que ofrecen medios como Internet. Incluso, houbo quen puxo sobre a mesa a reflexión de se os poetas deben fomentar a autoedición.

A creación poética ou as diferenzas dos grupos literarios actuais cos do pasado foron outros dos temas tratados.