Misela celebrará unha cea para recadar fondos no pazo do Tambre

M.G. RIBEIRA

BARBANZA

24 may 2013 . Actualizado a las 19:52 h.

O labor que realiza a asociación Misela de Noia prestando asistencia a rapaces e adultos con diversidade funcional é moi de agradecer, sobre todo cando os recursos cos que conta a entidade son limitados. Precisamente para paliar a escaseza de medios, o colectivo está a organiza unha cea solidaria para recadar fondos que se celebrará o vindeiro día 1 de xuño no pazo do Tambre.

Os asistentes poderán participar no sorteo de regalos, e, ao rematar a cea, haberá un baile que estará amenizado coa música en directo da cantante barbancesa Mar Davila.