Alfonso Costa deseña a lenda que unirá os bustos de Mariño e Avilés

ribeira / la voz < / span>

BARBANZA

14 may 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

O artista noiés Alfonso Costa foi o elixido pola asociación A Devesa para deseñar as letras que lle darán forma á lenda que se colocará mañá entre os bustos de María Mariño e Antón Avilés de Taramancos. Trátase dunha reprodución artística da frase de Álvaro Cunqueiro Mil primaveras para a lingua galega, que ocupará un espazo aproximado de 21 metros de lonxitude.

Esta acción, que se levará a cabo mañá ás 20.30 horas na alameda de Noia, servirá de carta de presentación da recén creada entidade A Devesa. A proposta completarase cunha lectura de poemas en homenaxe a Rosalía de Castro polo 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos e por diversas actuacións musicais. Estas dúas actividades serán protagonizadas polos mesmos membros da asociación.

A homenaxe culminará cunha ofrenda floral diante dos bustos de María Mariño e Antón Avilés.