O castro de Baroña volve á actualidade da man do Encontro Arqueolóxico


Ribeira / La Voz

Trala intervención realizada no xacemento o ano pasado, o castro de Baroña volve estes días á actualidade da man dunha nova edición do Encontro Arqueolóxico de Barbanza, que, un ano máis, reunirá en Boiro a especialistas de recoñecido prestixio tanto en Galicia como fóra da comunidade. Entre os participantes nas xornadas, estarán os responsables dos traballos de restauración realizados no xacemento, que falarán dos resultados da actuación, do futuro do castro e tamén do seu pasado e as circunstancias que o levaron á situación de deterioro na que estaban.

O programa do Encontro Arqueolóxico inclúe as conferencias dun bo número de especialistas, como Manuel Domínguez-Rodrigo, que abrirá o ciclo hoxe ás 11.00 falando dun proxecto de investigación sobre a orixe do home en Tanzania.

As charlas prolongaranse durante todo o día, e pecharanse cun debate e dúas exposicións para continuar mañá pola mañá.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos

O castro de Baroña volve á actualidade da man do Encontro Arqueolóxico