A boa acollida dos cursos da aula Cemit sonense obrigou a crear novos grupos


Ribeira

Os obradoiros de achegamento ás novas tecnoloxías para nenos e maiores postos en marcha nas distintas parroquias de Porto do Son a través da aula Cemit tiveron un grande éxito entre os veciños, o que obrigou, nalgúns lugares, a crear novos grupos de usuarios co fin de dar resposta a elevada demanda.

O obradoiros dirixidos aos máis cativos son dos que máis afluencia teñen e, de feito, estase a traballar para aumentar o número de cursos que se imparten tanto na casa de cultura de Porto do Son coma na parroquia de Portosín. Tamén foi preciso ampliar as prazas dispoñibles nas actividades en Baroña e en Caamaño, mentres que en lugares coma Xuño, Ribasieira ou San Pedro de Muro houbo unha gran demanda.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

A boa acollida dos cursos da aula Cemit sonense obrigou a crear novos grupos