O boirense Agustín Horta Resúa será homenaxeado no Día da Galiza Mártir

O acto terá lugar na rotonda de Cimadevila mañá pola tarde


Ribeira

Como cada ano, a rotonda de Cimadevila, na entrada á localidade boirense, será escenario da homenaxe aos veciños do municipio represaliados que se leva a cabo cada ano con motivo do Día da Galiza Mártir. Agustín Horta Resúa é o nome que se sumará aos gravados no monumento situado no inicio da rúa Principal.

Agustín Horta era natural da parroquia de Bealo e tiña 26 anos cando foi paseado e executado no lugar do Confurco. Morreu o 21 de novembro de 1936 porque se negou a delatar ao seu irmán Celestino. O acto de homenaxe será mañá a partir das 20.30 horas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags

O boirense Agustín Horta Resúa será homenaxeado no Día da Galiza Mártir