«Este proxecto de Chévere é unha cicloxénese explosiva»

La Voz

BARBANZA

28 abr 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Chévere revolucionou Boiro nos últimos días co proxecto Amores Prohibidos 2.0, no que se rodou a versión galega de Romeo y Julieta e se trasladou ás redes sociais. O actor asegura que quixeron facer grande a proposta da Royal Shakespeare Company, que só tivo reflexo en Twitter. «A experiencia resultou moi positiva e moita xente se enganchou. En definitiva, este proxecto de Chévere é unha cicloxénese explosiva». Miguel de Lira señala que esta obra tamén tivo unha compoñente pedagóxica e serviu para demostrar, entre outras cousas, como os Capuletos e os Montescos vivirían nos nosos tempos o conflito idiomático entre o galego e o castelán e que se interpón na historia de amor, neste caso, de Romero e Xiana.