Airiños xuntou 750 euros para o tratamento de Paula

A recadación para a nena boirense xa traspasou o seu ecuador ao sumar máis de 130.000 euros para a cativa


Ribeira / La Voz

É unha cifra bastante máis modesta que a acadada no festival que se celebrou o sábado pasado en Noia, pero cando se trata de axudar ningunha aportación é pequena, e o grupo de teatro Airiños logrou reunir nas funcións que levou a cabo en Rianxo na fin de semana a nada desprezable cifra de 750 euros para colaborar coa campaña de captación de fondos para Paula, a nena de Boiro que naceu sen sacro e que recibe tratamento en Alemaña.

Pese a que os integrantes de Airiños esperaban reunir a máis público do que finalmente asistiu ás representacións, na xornada do domingo o auditorio rianxeiro estaba case cheo, o que permitiu chegar aos 750 euros, que, sumados á cantidade que xa figuraba na conta de Paula, dan unha cifra de uns 135.000 euros. Isto supón que xa se reuniu máis da metade dos cartos que son necesarios para o tratamento da nena.

Peche de xira

As funcións solidarias do grupo de teatro rianxeiro foron o broche de ouro á xira que levou aos actores a percorrer distintas localidades representando Ata que a morte nos separe. Agora, está en cernes un novo proxecto: una adaptación de Ni rico ni pobre ni todo lo contrario.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
19 votos

Airiños xuntou 750 euros para o tratamento de Paula