Elexías polos camiños perdidosEnsaio


coordinado por María Luísa López Otero aparece este volume, que continúa a xeira da asociación

O Faiado 2 no estudo do noso patrimonio etnográfico, que é un canto, no fondo, ao xa perdido ou case: os camiños de noso, aqueles que o home galego e o tempo foron facendo, o que xa se foi perdendo en nome do progreso.

Ademais da descrición dos vellos camiños de Boiro, Rianxo e Palmeira, da man de Manuel Dourado Deira, Xosé Álvarez Castrelo e outros, o volume contén importantes estudos históricos de Daniel Bravo Cores, Alfonso Cid Fuentes, así como traballos sobre a prehistoria e a arqueoloxía, sobre os vestixios xacobeos da man de Ramiro Villoch, sobre a toponimia de Isabel Santos ou un estudo de Pastor Rodríguez sobre a visión que Cunqueiro tivo sobre as nosas paisaxes.

Importante é tamén o traballo colectivo Entre ambas dúas rías: vías de tránsito, arqueoloxía e paisaxe no Barbanza, de forte impronta científica, moi útil aos que queiran estudar a nosa bisbarra. Amor polo noso, lembranza do pasado, estudo do que queda.

«Os vellos camiños do Barbanza»

Asociación O Faiado 2 (Boiro, 2011). 240 páxinas

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Elexías polos camiños perdidosEnsaio