-¿Para cando as novas instalacións de Ribeira?
-Están a piques de seren inauguradas. Desde elas queremos involucrar á xente de Ribeira e dos municipios limítrofes. Alí imos montar un centro de día, un obradoiro ocupacional e, co tempo, pisos protexidos. A maiores, de cara ao Nadal, teremos puntos de venta de produtos no Campo de San Alberto e nos institutos de Boiro.