Remar na mesma dirección


Baixo o meu punto de vista, o problema da forte caída de ventas no sector da automoción non radica tanto no feito da crise económica como na falla de confianza dos consumidores. A xente non sabe se vai conservar o seu emprego e non consume. Incluso os que teñen un traballo máis ou menos estable prefiren non facer gastos que non sexan imprescindibles porque existe unha gran inseguridade sobre o que pode chegar a pasar.

Sinceramente, penso que sairemos deste burato no que estamos metidos cando a xente teña un pouco máis de confianza. Hai que darse conta de que non hai un freo só na venta de vehículos, senón que a situación prodúcese en tódolos sectores económicos en xeral. Os cidadáns teñen a moral polo chan e iso non é bo.

Temos que levantar o ánimo, pero recoñezo que iso non é doado porque a palabra crise está en todas partes. Chegamos ao punto de que hai quen aproveita a crise para facer publicidade e si se quere vender algo hai que esquecerse da crise.

No caso da rama automobilística, un dos incentivos para atraer aos clientes aos concesionarios podería ser o establecemento dunha nova liña de axudas, ou medidas como a redución do imposto do valor engadido ou do imposto de matriculación. Estes poderían ser mecanismos que levasen á xente a mercar un vehículo. Hai que recoñecer que a última liña de axudas funcionou moi ben e foi determinante para manter o sector nun momento de unha importante recesión.

Agora ben, considero que o máis recomendable e o que necesitamos, é remar todos na mesma dirección, partidos políticos incluídos. Penso que deste xeito teremos máis oportunidades de saír adiante. Hai que traballar en conxunto pensado que é posible superar este difícil momento económico.

A curto prazo non vexo que o sector automobilístico poida levantar cabeza. Existe un forte desequilibrio. Un mes parece que a cousa repunta e para o seguinte ocorre xustamente todo o contrario. Acumulamos xa moitos meses de caídas consecutivas, pero hai que seguir traballando e tirando para diante, porque co desánimo tampouco se vai a ningún lado. Eu manteño a miña idea de que é preciso devolverlle a confianza á xente para que a situación empece a mellorar.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags

Remar na mesma dirección