«Os colexios deberían levar aos nenos a exposicións e museos»

La Voz

BARBANZA

30 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Comezou cunha pintura máis abstracta coa que era difícil vender. Viuse obrigado a «cambiar as maneiras de expresarme para conseguir vivir disto». Unha vez que acadou certa estabilidade e recoñecemento no mundo da pintura e «co tempo, volvín ao que me facía sentir máis expresivo».

Nestes tempos difíciles en calquera profesión, o pintor ve complicado vivir do arte, sobre todo para os que comezan. Aínda así, Pío Costa «alentaría a xente a que elixise esta profesión. Se se somerxen con ilusión con tempo e paciencia lograrán o respecto do público».

Ademais, Pío Costa afirma que «o arte hai que fomentalo dende pequenos. Os colexios deberían levar os nenos a exposicións e museos».