O ribeirense Carlos Callón presenta en Barcelona o seu último traballo

Ribeira / la voz < / span>

BARBANZA

15 jun 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O profesor de Lingua e Literatura Galega e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, o ribeirense Carlos Callón, presenta hoxe, na galería Sargadelos de Barcelona, o seu último traballo, titulado Amigos e sodomitas, a configuración da homosexualidade na Idade Media.

A obra está publicada por Sotelo Blanco Edicións. Ademais da de Carlos Callón, están previstas as intervencións da profesora da universidade de Barcelona Helena González e do editor, Olegario Sotelo. Na obra explícase como, entre os séculos XI e XIV, se configurou o pecado e delito de sodomía, inexistente nos primeiros mil anos de historia do cristianismo. O libro analiza a homofobia como arma política contra a nobreza galega que se enfronta a Alfonso X e repásanse historias da Galicia medieval.