A editorial Toxosoutos leva a literatura de Galicia á Feira do Libro de Madrid

ribeira / la voz

BARBANZA

28 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O vindeiro 11 de xuño, a editorial Toxosoutos disporá dun espazo no posto da Asociación Galega de Editores, en Madrid, para a sinatura dos libros Pintalabios, de Ana Cibeira, e O negro leite da aurora, de Luis Calvo e Carlos Gegúndez.

O primeiro é un poemario no que se aborda a comunicación xestual, sensual e sensitiva. «A boca preséntase como referente de necesidades primarias e sublimes paixóns», tal e como subliña Héitor Mera. O segundo afonda nas raíces das obras de Lois Pereiro, autor monfortino homenaxeado no Día das Letras Galegas.