Estudiantes del Número 1 llevan hasta Portugal la fiesta de la DornaRibeira renderá tributo ao mes dedicado ás letras galegas co programa Maio Cultural

Ribeira / la voz Ribeira / la voz

BARBANZA

05 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Alumnos del instituto Número 1 de Ribeira participaron en una reunión internacional del programa europeo Comenius. El encuentro tuvo lugar en la región portuguesa de Lousada y en él se reunieron más de un centenar de jóvenes de siete países. Los estudiantes ribeirenses presentaron en las jornadas culturales su trabajo videográfico Vivir en Ribeira doce meses al año, en el que mostraron a los asistentes las peculiaridades de la fiesta de la Dorna, la gastronomía típica y el sistema de puja de la lonja del municipio.

Otro grupo de alumnos volverá en los próximos días a Lousada para participar en una olimpiada cultural y matemática similar a la que ya se desarrolló en marzo en el centro ribeirense.

Como cada ano, o mes de maio vén cargado de actos culturais relacionados coa literatura. O mes das letras galegas dedícase nesta ocasión ao escritor monfortino Lois Pereiro e o Concello de Ribeira centra na súa figura a programación que nos próximos días acercará o teatro, a música e os concursos literarios a todos os veciños.

O próximo luns, o auditorio será o escenario da representación da obra de Álvaro Cunqueiro Feirantes, a cargo da compañía Artestudio Teatro. A función comezará ás once da mañá e estará dirixida aos alumnos de secundaria do municipio.

Tamén para os mozos, e no mesmo lugar, celebrarase o 11 de maio a conferencia de Antón Lopo sobre o autor homenaxeado este año, preludio dun espectáculo infantil a cargo de Mamá Cabra.

Os ganadores da última edición do certame literario infantil recibirán os seus galardóns o 18 de maio despois dun espectáculo de maxia de Dani García.

Exposicións

Para complementar todas as actividades do programa, o auditorio municipal acollerá desde o luns ata finais de mes diversas exposicións relacionadas coas letras galegas. As mostras poderán visitarse de luns a venres de dez da mañá a dúas da tarde. Os martes e mércores tamén, en horario de tarde.

Como non podía ser doutro xeito, o programa cultural posto en marcha polo Concello ribeirense pretende fomentar a creación literarias entre os estudantes. Por este motivo, o Certame Literario Lois Pereiro premiará a todos os mozos que participen e aos seus centros educativos con lotes de libros.