«Hai unha evolución abismal en materiais e tecnoloxía no ciclismo»


muros/la voz.

Ricardo Moreno Hermida dedícase á venda de material deportivo, sobre todo de submarinismo, surf, piragüismo e ciclismo, en Noia.

-¿Como decide montar este tipo de negocio?

-Un pouco motivado polo deporte que practicaba, o ciclismo. Noia é un pobo cunha gran cultura no ciclismo e pouco a pouco funme metendo e montei a tenda. Tamén fun un dos fundadores do club ciclista noiés, no que fixen labores de mecánico, e máis tarde fundamos o club cicloturista. Hoxe en día saio moi pouco, cambiei a bici pola pesca submarina, co tempo é normal ir cambiando de deporte.

-¿Cal é a parte que máis lle gusta do seu traballo?

-Gústame todo, para min isto é unha afección, a que tiven sempre, convertida en traballo, así que é moi satisfactorio, estou rodeado da xente nova da vila e véxoos medrar e ir pasando dunha bici a outra.

-¿Algunha curiosidade?

-O mundo e a evolución da bici é impresionante. Hoxe hai bicis con 11 piñóns ou tres pratos, de carbono... Hai unha evolución abismal en materiais e tecnoloxía no ciclismo con respecto a anos atrás. Nas vendas, noto como o cliente busca a mellor calidade. Véndese menos, si, pero véndese calidade, a xente chega e xa sabe o que quere e a que prezo, é curioso.

-¿Algún consello para mercar?

-Aconsello á xente que merque sempre onde hai un profesional que garanta o artigo. Nós ofrecemos taller de reparación en garantía.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos

«Hai unha evolución abismal en materiais e tecnoloxía no ciclismo»