¿O movemento? Andando, naturalmente


Se me vise discutindo co xefe de redacción sobre o dereito que temos o Olegario e máis eu a expresarnos en galego, só porque outros non o fagan, ¿que pensaría o lector? «Este tío é? ¡Quen sabe se medio parvo!», pensaría. E estarían na razón quen foran que así opinasen. Certamente, dala volta ao que é real por pretender que estea ben é o mesmo que confundir o dereito co revés. Pero aínda peor é querer que os demais asintan nas súas crenzas do que disenten por fe.

O que é pola miña parte, niso de asentir ás veces, nin quito nin poño rei, porque non teño señor. Pero entro na discusión. Non tanto porque crea ter en min un só punto de razón, senón porque aquí estamos. Por oficio, crear estados de opinión e intervir onde as haxa, para avivalas, se cabe, forma parte da función. Para entendelo, un botón. Fai escasísimos días, a través de dous dos diarios nacionais -que non «de nacionalistas»- da nosa terra, fomos nós, unha vez máis, os receptores pasivos da controversia parlamentaria continua polas cuestións da linguaxe, de todas a que se mantén mais viva entre o Bloque, nacionalista é galego, e o PP, nacional, ámbolos dous de Galicia, en maior puntualidade.

Por unha banda, segundo se aplicaban os titulares en un dos diarios ditos, «Los nacionalistas piden al alumnado que se rebele y use el gallego en cualquier asignatura», para pasar a explicar -e nisto en coincidencia de ambos- que o deputado nacionalista galego, Bieito Lobeira, advertía que o BNG consideraría como unha declaración de guerra o suposto, se é que se dese o caso, de que a Consellería de Educación, chegase a tomar represalias contra os profesores que, en contra do decreto, impartisen en galego as materias científicas e técnicas. Non ían a permitir que a situación educativa fose retrotraída ós tempos do franquismo pola imposición do PPdeG.

Pola outra, en titular principal, «El PP -naturalmente- cree que el Bloque demuestra con su actitud que es el gran enemigo de la lengua», para explicar, xa no texto, que o portavoz popular, Ruiz Rivas, replicaba que as presións inaceptables estaban, precisamente, na pose nacionalista antedita. Ao que engadía que a «concordia» lingüística habida durante anos atrás fora rota en tempos do bipartito, mentres que agora o PPdeG atinaba en recobrar «la igualdad entre las lenguas».

Pola nosa, sen pretensións mediáticas nin partidarias de entrar na disputa, pero respecto a lingua galega en relación a estas dúas posturas, só queremos recordar o afirmado nun Miradoiro pasado (13-08-10), para quen quixo entendelo: O galego, tal como hoxe o coñecemos, foi, e aínda é quizais, a lingua propia do pobo. Dun pobo ademais rural e labrego, eminentemente traballador, que foi quen a conservou, realmente. Pero que evolucionou, modernizándose maioritariamente por influencias alleas, baixo outras actividades, xeradas na éxida e en interese do mundo industrial moderno. Mais hoxe, concernido neste, novamente en plena transformación cultural polos efectos dos avances científico-técnicos, que revolucionan as estruturas produtivas e sociais do mundo enteiro, séntese o mesmo abocado de cara a profundos cambios. A imposición dos cambios estruturais económicos levan consigo os das pautas culturais. E todos eles, os cambios, se son de influencia estraña, conducen aos pobos mesmos á perda de identidade.

Nunha ou noutra medida todos nos sentimos nisto: A realidade da participación ou de pasividade nos cambios dan a medida da frustración pola perda de identidade. Para quen identifique a lingua dun pobo, exclusivamente, coa idiosincrasia, esta evolucionará no sentido e na medida daquela.

Para quen non -xa sexa porque non sinta tal perda ou ben soamente por comenencia-, todo é cuestión de adoptar o máis conveña. Pero tamén ao contrario. Mais é que aquí xa non queda espazo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

¿O movemento? Andando, naturalmente