«Nin gardo rancores nin teño malos recordos»

La Voz

BARBANZA

19 jun 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Ramona Maneiro di que ultimamente non sorrí tanto como lle gustaría. Pero non se recrea nos seus problemas. Todo o contrario, é destas persoas que parecen ter unha fortaleza infinita. Ao preguntarlle se non lle pesa nada do pasado, se non hai algunha ferida que doa... é máis que clara. «Para nada, nin gardo rancores nin teño malos recordos», sinala esta muller.

Logo, accede a contar algún momento especial con Ramón Sampedro. E vai a un pequeno detalle, ao «día que compartimos un bombón de licor».

Antes de rematar, fai unha chiscadela ao humor: «Non quero ofender a ninguén nin tomar a risa nada. Pero sei que algúns din que este é o bar da veleno, e eu levo a broma. Hai que tomalo así».