Galiza Nova dará a coñecer o traballo a prol do galego

La Voz RIBEIRA/LA VOZ.

BARBANZA

28 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O colectivo Galiza Nova realizará mañá un acto no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira no que dará a coñecer o traballo a prol da lingua galega que desenvolven diversas asociacións que traballan na comarca barbancesa.

A velada iniciarase ás oito da tarde coa proxección da curtametraxe de Chano Piñeiro titulada Mamasunción . Posteriormente empezará unha charla na que intervirán, ademais de varios integrantes de Galiza Nova, como a secretaria xeral, Iria Aboi, membros das entidades Prolingua, Encarna Pego; Queremos Galego, Xan Vicenzo; e da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón.

Ao rematar as intervencións abrirase un coloquio no que os asistentes poderán facer a súa avaliación da situación da lingua galega e mesmo presentar iniciativas.