A coordinadora de normalización lingüística de Barbanza inicia unha campaña en favor do galego
BARBANZA
«A idea é facer unha campaña en favor do galego e en clave positiva e plural para apoiar a nosa lingua para facer fronte as leis que presenta a Xunta e que nunca antes víramos algo así» son as palabras de Miguel Louzao, presidente da coordinadora de equipos de normalización e dinamización lingüística do Barbanza ao presentar a campaña en favor do idioma.
A delegación que dirixe presentou a iniciativa na que os protagonistas serán veciños de Barbanza que pola súa traxectoria ou profesión son coñecidos, prestando así o seu rostro para saír nos carteis cunha frase que anime a sociedade a usar o galego.
A intención, tal e como apunta o mesmo Louzao era incluír a xente de todos os ámbitos, «algo que fixemos ao contar cun pasteleiro, un xuíz, un perruqueiro e unha mestra de perruquería, un empregado xubilado de banca ou unha funcionaria».
A coordinadora fixo un total de catrocentos carteis que repartiranse en toda a comarca, coincidindo as facianas dos seus protagonistas coa vila na que residen e incluíndo ademais unha frase relacionada tanto co seu oficio como por o feito da súa popularidade.